Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Felices e diferentes reúne as colaboracións de Xavier Queipo entre outubro 2006 e outubro 2008 no programa Diario Cultural que Ana Romaní dirixe na Radio Galega.
Unha ollada crítica sobre a cultura galega e universal, sobre libros e filmes, mais tamén sobre atentados ao patrimonio e anomalías de (des)goberno no noso «pequeno país sen estado».
Se non tiveron oportunidade de escoitalo non se perdan estas reflexións que lles han de axudar ás súas propias, pois como di Queipo, «non se me contenten coas análises alleas e extraian as súas propias conclusións, que así os quero intelixentes e espelidos, felices e diferentes».
Título: FELICES E DIFERENTES
Autor: Xavier Queipo
Catálogo Xeral, 247
Santiago, 2009
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
214 páxinas
ISBN: 978-84-8487-162-2
prezo 14,00 €