Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

PEQUENO PANTEÓN PORTÁTIL

Aqueles que arredor de 1965 tiñan entre vinte e trinta anos, atopáronse cun número excepcional de mestres no campo da filosofía. Os vellos como Sartre, Lacan ou Canguilhem estaban aínda en plena actividade; os que eran algo máis novos, como Althusser, estaban a despregar a súa obra, e toda unha xeración, os Deleuze, Foucault, Derrida, entraban en escena.

Hoxe todos eses mestres están mortos. O panorama filosófico, sobradamente poboado de impostores, está composto doutro xeito, non tirando a súa consistencia máis que daqueles, novos ou menos novos, que, formulándoas novamente na súa propia linguaxe, saben ser fieis a cuestións que nos animaron hai corenta anos. Creo que é de xustiza reunir as análises e homenaxes que ao longo de anos, cando ían desaparecendo, consagrei a aqueles aos que debo o significado, sempre inhumano en tanto que nobre e combatente, da palabra filosofía. Debo dicir que non sempre tiven con estes contemporáneos relacións sinxelas e tranquilas: como di Kant, a filosofía é un campo de batalla. Pero, ao considerar hoxe os innumerábeis “filósofos” mediáticos, podo dicir que quero a todos aqueles dos que falo neste libro. Si. Quéroos a todos.

Alain Badiou.

Título: PEQUENO PANTEÓN PORTÁTIL
Althausser, Borreil, Canguilhem, Cavaillès, G. Châtelet, Deleuze, Derrida, Foucault, Hyppolite, Lacan, Lacoute-Labarte, Lyotard, F. Proust, Sartre

Autor: Alain Badiou

Catálogo Xeral, 240

Santiago, 2008

Ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

127 páxinas

ISBN: 978-84-8487-151-7

prezo 12,00 €

MERCAR
DE BENPOSTA A LAMABOA
FAUSTO (2ª Ed.)
OS IRMÁNS DE AMÉRICA
A FIGURACIÓN GALEGA DE IRLANDA (1840-1936)
O PORTUGUÉS ESQUECIDO
DESCENTRALIZACIÓN FISCAL E DESENVOLVEMENTO
A VIAXE XEOMÉTRICA DE DOMINGO FONTÁN
AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA
DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA. AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAS AOS CATIVOS.
PERMANENCIA
MOCIÑAS (2ª ED)
A VERDE PEL DE GAIA
RECTIFICAR A HISTORIA
O SPLEEN DE PARÍS
A REVOLUCIÓN EN MARCHA
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda