Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

ARTE NA ESQUIZOFRENIA E OUTROS EXCESOS

A arte é o eixo principal sobre o que xiran estes ensaios de Fidel Vidal. No primeiro deles en relación coa esquizofrenia, causante de tantas opinións e controversias, mesmo dando orixe á encucillada e confusión entre creación e orixinalidade, ao confluíren a un tempo conceptos como “primitivo” e “infantil”, “marxinal” e “loucura”, e a influencia da psicanálise no mundo creativo. Coincide o autor con Dubuffet, o home da art brut, cando afirma que “non hai unha arte dos perturbados, como non hai unha arte dos dispépticos nin dos que sufren dores de xeonllos”. O autor reflexiona tamén sobre o suxeito atrapado na rede informática, que corre o risco de pasar de suxeito a obxecto. Unha reflexión que igualmente aborda na análise da obra de Lichtenstein, teimudo por parecerse na execución dos seus lenzos cada vez máis a unha máquina, na busca da perfección e da exactitude dos mesmos como síntoma da carga obsesiva que se vive na actualidade. En oposición a isto, o que acontece na loita estrutural de Leopoldo Nóvoa. Por último, no ensaio “O Mal en As flores do mal” en homenaxe a Baudelaire, abórdase a idia do Ben como Mal.

Título: ARTE NA ESQUIZOFRENIA E OUTROS EXCESOS

Autor: Fidel Vidal

Catálogo Xeral, 229

Santiago, 2008

Ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

135 páxinas

ISBN: 978-84-8487-111-8

prezo 11,00 €

MERCARmercar ARTE NA ESQUIZOFRENIA E OUTROS EXCESOS
A GRANDE TRANSFORMAÇOM
A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HEIDEGGER
PANDRAMA
SOÑOS NO LIMIAR
TRÍPTICO ÁRTABRO
O TERROR NAS TEBRAS E OUTRAS CATAS NA MEMORIA
O PORTUGUÉS ESQUECIDO (2ª ED)
O ESCÁNDALO DO LÉXICO GALEGO
CABANILLAS / OTERO PEDRAYO
ACOSO E DEMOLICIÓN DO SISTEMA PÚBLICO DE ENSINO
A TIMIDEZ DAS COPAS
MEMORIAS DUN EXGALEGO
INTRODUCIÓN Á ECONOMÍA EN BANDA DESEÑADA. VOLUME 1: MICROECONOMÍA
DE BENPOSTA A LAMABOA
FAUSTO (2ª Ed.)
© Edicións Laiovento, 2016-2022 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda