Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

A ESCOLA DRAMÁTICA GALEGA NA CONFIGURACIÓN DO SISTEMA TEATRAL

Entre os anos 1978 e 1994 tivo existencia legal a Sociedade Cooperativa de Consumo para o Ensino «Escola Dramática Galega» (EDG).

Durante eses dezaseis anos desenvolveu un intenso labor en diversos campos relacionados coa escena do país -e, por extensión, da cultura- que fan da EDG un punto de referencia na historia recente do teatro galego. Desde o seu seo non só se promoveu a actividade propiamente escénica, mais tamén se atendeu á formación de traballadores do medio, ao rescate de textos fundamentais da dramaturxia galega ou á investigación á volta da dramática e das festas parateatrais. A Escola Dramática Galega sostivo, igualmente, a publicación teatral de máis longa vida na historia de Galiza, en que viron a luz tanto obras dos clásicos e traducións de textos transcendentais da dramaturxia occidental como a producción de autores novos ou ensaios sobre diferentes aspectos envolvidos no feito teatral.

Convocou, ademais, un Concurso de Teatro Breve que chegou á duodécima edición e a través do que se deu a coñecer un vasto grupo de dramaturgos.

Aínda que cunha intensidade que variou dependendo do momento, a EDG mantivo tamén unha presenza importante nos diversos foros teatrais que existiron na Galiza durante eses anos.

Ademais, nos seus espectáculos participaron un elevado número de actores que posteriormente proseguirían a súa carreira noutras agrupacións.

A análise das iniciativas xestadas na Escola Dramática Galega, atendendo tanto as causas que determinaron o seu grao de consecución, como os efectos das mesmas sobre o conxunto do campo teatral, pode, pois, resultar moi revelador para entendermos unha etapa do teatro galego recente.

Título: A ESCOLA DRAMÁTICA GALEGA NA CONFIGURACIÓN DO SISTEMA TEATRAL

Autor: Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

Catálogo Xeral, 215

Santiago, 2007

Ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

624 páxinas

ISBN: 978-84-8487-114-2

prezo 36,00 €

MERCAR
PERMANENCIA
MOCIÑAS (2ª ED)
A VERDE PEL DE GAIA
RECTIFICAR A HISTORIA
O SPLEEN DE PARÍS
A REVOLUCIÓN EN MARCHA
OS SANTOS DAS NACIÓNS
UNA MONARQUÍA CORRUPTA Y HEREDERA DEL FRANQUISMO
CATAS NA MEMORIA
PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda