Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Manuel Caamaño Suárez, pola súa traxectoria vital, foi protagonista e actor dalgunha das empresas culturais máis importantes dos últimos corenta anos da historia deste país.
Ciclos de conferencias rompedores, proxectos editoriais de coleccións pioneiras como Enquisa, sindicalismo xerminal clandestino, dirección do PSG, movemento ecoloxista precursor coa creación de ADEGA, asociacionismo cultural, movemento democrático veciñal, xestación do Museo do Pobo Galego; en todo está Manolo Caamaño, coa tenacidade do operario, coa modestia do artesán, refractario a calquera protagonismo, decote solidario, indispensábel sempre, sempre ao dispor dos demais.
Por todo isto, en Edicións Laiovento consideramos importante recoller neste libro unha serie de conferencias e discursos do autor, nacidos do compromiso de “facer País” nos tempos do franquismo e posteriores, así como unha serie de relatorios relacionados coas construcións anónimas que se integran na chamada arquitectura popular ou arquitectura sen arquitectos.
Título: DUN TEMPO E DUN PAÍS
Autor: Manuel Caamaño Suárez
Catálogo Xeral, 214
Santiago, 2006
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
217 páxinas
ISBN: 978-84-8487-102-9
prezo 14,00 €