Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Se no que se refire á verdadeira comprensión da obra e o pensamento dos autores clásicos quedara dabondo demostrado que cumpría coñecermos o seu marco familiar e persoal máis inmediato, as influencias escolares, o ambiente local, con Seis rostros do nacionalismo en Europa Jordi Ventura dá un paso máis nesta dirección. O autor, con brevidade pero de xeito maxistral, fai unha análise biográfica e cultural comparada que nos aproxima á comprensión da complexidade das bases do nacionalismo, dos nacionalismos, a través desta espléndida e sorprendente selección de personaxes. Cada caso constitúe un parangón, como afirma na introdución, no sentido de caso exemplar. No entanto, colocados un a carón do outro, os matices e contradicións de cada pensamento, de cada personaxe, de cada nacionalismo en definitiva, quedan acentuados. A consecuencia inmediata é que se impón a reflexión e se esmiúzan os reducionismos habituais con que se adoita abordar o estudo do nacionalismo. Este libro, sen ningún tipo de dúbida, esixe que sexa máis coñecido fóra deste país e se incorpore rapidamente ás bibliografías internacionais de estudo dos nacionalismos.
Do prólogo de Salvador Cardús i Ros.
Título: SEIS ROSTROS DO NACIONALISMO EN EUROPA
Autor: Jordi Ventura i Subirats
Catálogo Xeral, 207
Santiago, 2006
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
216 páxinas
ISBN: 978-84-8487-095-2
prezo 14,00 €