Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
¿Cara a onde vai a economía mundial? ¿Por que os Estados Unidos se teñen embarcado en novas formas de imperialismo no Oriente Medio? ¿Que estratexias debería adoptar a esquerda ante a contrarrevolución neoliberal? ¿Cales son as novas formas de dominación que están a sufrir os países do Sul global? Neste libro abordamos estas cuestións a través de oito entrevistas con algúns dos pensadores de esquerda máis importantes do panorama internacional: Giovanni Arrighi, Noam Chomsky, Robert Brenner, Eduardo Galeano, Jean Ziegler, David Harvey, Peter Gowan e Alex Callinicos, autores todos eles de obras cruciais para interpretar o mundo contemporáneo desde unha perspectiva emancipadora. Fálannos aquí da súa traxectoria intelectual e das súas contribucións teóricas, e analizan polo miúdo a cambiante realidade política dos últimos anos. Fronte ao cinismo e a rendición que imperan nos medios de comunicación, velaquí oito voces que mostran a vitalidade sen concesións do pensamento crítico.
Título: Á MAN ESQUERDA
Autores:
Catálogo Xeral, 193
Santiago, 2005
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
189 páxinas
ISBN: 978-84-8487-067-7
prezo 11,00 €