Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

PASO DE CEBRA E SUCESOS

"...¡Non os coñecerei eu que ando a fozar nas cloacas todo o día! E mentres, estes pasan o tempo cruzados de brazos no paso de cebra e mirando para a outra beira. Présa, présa, ¡que présa van ter, ho! Se tivesen présa non ían andando, présa teñen eses que pasan caghando hostias e aínda por enriba estes queren que os paremos. A cruzar os brazos á lista do paro, caghendiós, como fagho eu cando xa non hai máis merda que revolver, aínda que se é por merda hai para todos, ¡ai!, pero esa non a queren os señoritos, non, esa déixannola aos subcontratados e aos mouros, todos metidos no furado, e logo quéixanse de que boten abaixo os edificios... E non van botar, que non che teñen puta idea, que nunca tal fixeran, ¡non ho!, aquí non fan falta avións nin terroristas, métenos a conducir escavadoras nas cloacas e alá se foi.

¡Alá!, vannos invadir, ¡cagho nos patucos do neno Jesús!, que como non teño con quen falar, para máis ghaitas, paso todo o día entre alís e mojamés e como teño que explicarlles o choio, aínda aprenden o idioma grazas a min... Si, home si, mentres os nosos se dedican a invadir o país deles ¡que van facer eles!, escapan para o noso que aínda que sexa entre as ratas polo menos vívese... Non cuspas ao ceo que che cae enriba, mandan tirar un millón de bombas onde os mojamés por unha ghota de petróleo e logho véñenche toneladas del polo mar e os mojamés pola terra, con efecto bumerán que lle chaman, como a marea, que dicimos aquí, como a marea neghra...

Título: PASO DE CEBRA E SUCESOS

Autor: Gustavo Pernas Cora

Catálogo Xeral, 192

Santiago, 2004

Teatro

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

194 páxinas

ISBN: 978-84-8487-065-0

prezo 11,00 €

MERCARmercar PASO DE CEBRA E SUCESOS
A NACIÓN DOS MIL VIÑOS
NACIONALISMO, LIBERALISMO E OUTROS TEMAS
RETRATOS EN FITE
LÉXICO FAMILIAR
A MULLER DE LONA
MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED)
A GRANDE TRANSFORMAÇOM
A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HEIDEGGER
PANDRAMA
SOÑOS NO LIMIAR
TRÍPTICO ÁRTABRO
O TERROR NAS TEBRAS E OUTRAS CATAS NA MEMORIA
O PORTUGUÉS ESQUECIDO (2ª ED)
O ESCÁNDALO DO LÉXICO GALEGO
CABANILLAS / OTERO PEDRAYO
© Edicións Laiovento, 2016-2022 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda