Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Recóllense neste volume os artigos escritos por Alexandre Bóveda para A Nosa Terra na súa etapa como boletín do Partido Galeguista, isto é, entre febreiro de 1932 e Xullo de 1936.
Ao cumplirse este ano o centenario do seu nacimento, Edicións Laiovento quere, coa publicación deste libro, render homemaxe de agradecimento e admiración a un home que diante dos seus verdugos proclamou: “A miña patria natural é Galiza.
Ámoa afervoadamente. Xamais a traizoaría, aínda que me concedesen seculos para vivir. Adóroa até máis alá da miña morte. Se entente (o Tribunal) que por este amor entrañábel debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis por ela. Fixen canto puiden por Galiza e máis faría se puidese”.
Título: ALEXANDRE BÓVEDA EN A NOSA TERRA
Autor: Eduardo Gutiérrez
Catálogo Xeral, 171
Santiago, 2003
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
103 páxinas
ISBN: 978-84-8487-027-8
prezo 10,50 €