Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
A pintura, de seu, pode simular a realidade sen a ter visto. O discurso combina uns signos que teñen uns referentes, pero estes referentes poden ser e son a miúdo “quimeras”. Ao contrario desas imitacións, na Fotografía non podo negar nunca que a cousa estivo alí. Hai unha dobre posición conxunta: de realidade e de pasado. E, xa que esta coacción non existe máis que para ela, debe ser considerada, por reducción, como a propia esencia, o noema da Fotografía. O que eu procuro nunha foto (non falamos aínda do cine) non é nin a Arte nin a Comunicación, é a Referencia, que é a orde fundadora da Fotografía.
Tradución do francés: María Azucena Vázquez Lamazares e Françoise Gauthier Lapierre.
Título: A CÁMARA CLARA
Reflexión sobre a fotografía
Autor: Roland Barthes
Catálogo Xeral, 170
Santiago, 2003
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
104 páxinas
ISBN: 978-84-8487-026-X
ESGOTADO