Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Na poesía de Bernardino Graña, o home é observado na súa dupla dimensión, individual e social. A súa obra é o testemuño histórico dun tempo e dun país. Pero o punto de vista ofrecido non é o enxebrismo senón a universalidade. Os conflitos do home contemporáneo son vistos desde a nosa singularidade, desde o noso contexto de país periférico.
A súa obra acadou un notábel sincretismo de elementos culturais: o formalismo dos sonetos xunto coa rebeldía da xeración “beat”, o social-realismo xunto co canto ao amor da mística.
Título: SE AS AVES INSISTISEN NA LEDICIA
A obra de Bernardino Graña
Autor: Antonia López García
Catálogo Xeral, 161
Santiago, 2002
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
155 páxinas
ISBN: 978-84-8487-012-X
prezo 13,00 €