Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
As incógnitas en torno á nosa lírica medieval son aínda moitas. A leitura das cantigas segue a provocar, para alén da multiplicidade interpretativa que caracteriza os bons textos literarios, non poucas dúbidas sobre a nosa capacidade para enterdermos correctamente uns poemas en moitas ocasións maliciosos e intencionalmente ambiguos. Algunhas das rubricas explicativas, porén, semellan posuír a valiosa chave que permite iluminar o verdadeiro sentido de burlas memorábeis. É por iso que este libro se centra neses pequenos paratextos introdutorios, tentando delimitar o verdadeiro alcance das explicacións que oferecen.
A presente obra recebeu o premio de Investigación Lingüística Literaria “Carvalho Calero” no ano 1999.
Título: E POR ESTO FEZ ESTE CANTAR
Sobre as rubricas explicativas dos cancioneiros profanos galego-portugueses
Autor: Xoán Carlos Lagares
Catálogo Xeral, 141
Santiago, 2000
Ensaio
Ricardo Carvalho Calero
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
273 páxinas
ISBN: 978-84-89896-82-8
prezo 21,00 €