Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Vicente Risco, diletante e esnob na mocidade e na madureza, achegouse ás Irmandades da Fala coa única bagaxe que posuía: a Teosofía. Esta circunstancia foi repetida mil veces pola crítica literaria galega, pero ninguén se detivo a analizar, polo miúdo, en qué consistía esa doutrina. Para Risco, os pobos teñen un corpo físico (a súa xeografía, as marcas da historia), un espirito (a súa cultura tradicional) e un karma colectivo (a vontade de ser).
Xeración tras xeración este karma renóvase e cómpre que cada reencarnación expíe os pecados dos devanceiros. Risco tiña para si que os seus amigos e el pertencían á xeración chamada a redimir os pecados contra a Terra Galega, cometidos polos seus antepasados.
Título: O NACIONALISMO KÁRMICO DE VICENTE RISCO
Autor: Joaquim Ventura
Catálogo Xeral, 134
Santiago, 2000
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
146 páxinas
ISBN: 978-84-89896-73-9
prezo 12,10 €