Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Edicións Laiovento congratula-se en oferecer aos leitores e leitoras galegas un novo libro da profesora Maria do Pilar Garcia Negro –unha das máis relevantes figuras da nosa sociolingüística–, quen, coa lucidez, coa transparéncia e co rigor que caracterizan todos os seus traballos, aborda alguns dos temas xa encetados noutro libro fundamental –Sempre en Galego–, publicado tamén por esta editora.
Os traballos que conforman este volume son o produto inequívoco do estudo, da análise, da reflexión e, sobre todo, do radical compromiso co máximo património que temos como Nación: o idioma.
De aí que a profesora Garcia Negro veña, desde hai tempo, defendendo en diversos foros e ámbitos (Aulas, Congresos, Parlamento de Galiza) a dignidade do noso idioma e da nosa cultura.
Título: DIREITOS LINGÜÍSTICOS E CONTROL POLÍTICO
Autor: Maria Pilar García Negro
Santiago, 2000
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
123 páxinas
ISBN: 978-84-89896-65-9
prezo 12.95 €



Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro