Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
A crítica ten clasificado O parable ascenso de Arturo Ui como unha das chamadas parabelstücke (“parábolas teatrais”) de Brecht. A conclusión que o público pode tirar despois de ler ou ver esta parábola é que o facismo non é un feito histórico illado, senón “a sempre posible continuación dos negocios con outros medios”, idea que se corresponde coa concepción brechtiano-marxista de que, en realidade, a política e mesmo o destino dos pobos están supeditados aos intereses do gran capital. Precisamente nuns momentos históricos como os que estamos a vivir, presididos pola intolerancia, pola xenofobia, polo racismo, polo triúnfo do máis descarado economicismo, polo ascenso, en fin, das forzas fascistas e reaccionarias, a publicación desta obra de Bertolt Brecht cobra un especial sentido e significado.
Laiovento quere conmemorar, así, coa edición deste importante título do dramaturgo alemán, o centenario do seu nacemento.
Tradución do alemán de Sonsoles Cerviño López.
Retrato da lapela: Luís Seoane.
Título: O PARABLE ASCENSO DE ARTURO UI
Autor: Bertolt Brecht
Santiago, 1998
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
166 páxinas
ISBN: 978-84-89896-18-5
prezo 16.95 €



Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro