Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Baixo o título Historias de palabras, Louis-Jean Calvet condúcenos a unha viaxe a través do tempo e das linguas, presentando, mediante breves capítulos, algunhas nocións ou campos semánticos dos principais códigos lingüísticos indoeuropeos, que aínda hoxe coexisten no marco da UE. Trátase, pois, de reflectir sobre a realidade lingüística europea, tomando como punto de partida as relacións etimolóxicas que, ao mesmo tempo que nos permiten coñecer o noso pasado, nos resulta de crucial axuda para comprendermos aquelas comunidades que, do outro lado das fronteiras, falan linguas diferentes, mais, con todo, próximas.
Tradución do francés de Alberte Allegue.
Título: HISTORIAS DE PALABRAS
Autor: Louis-Jean Calvet
Catálogo Xeral, 96
Santiago, 1997
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
151 páxinas
ISBN: 978-84-89896-10-0
ESGOTADO