Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
O lector ten nas súas mans a segunda parte da Gramática Histórica Galega do Prof. Manuel Ferreiro, dedicada, nesta ocasión, ao estudo do devir léxico-semático do noso idioma, que continúa e complementa a primeira (xa na 4a edición), centra- da na Fonética e na Morfosintaxe.
Co presente volume cérrase unha viaxe lingüística a través dos séculos, que se converterá, máis unha vez, nun referente inevitábel e nun instrumento fundamental para toda aquela persoa que pretenda coñecer en profundidade a evolución lingüística do idioma, o primeiro sinal de identidade da nación galega.
É para Laiovento unha satisfacción a publicación dun traballo que, con todo o rigor filolóxico e con toda a paixón humana, permite coñecer o proceso de constitución do léxico galego (tanto o común como o toponímico e o antroponímico), descubrir os mecanismos de ampliación léxica que ao longo dos séculos permitiron multiplicar as súas palabras e significados, e, por último, acompañar a plural apropiación de moi diversos elementos lingüísticos, inicialmente extraños á nosa lingua.
Título: GRAMÁTICA HISTÓRICA GALEGA II (3ª Ed.)
II. Lexicoloxía
Autor: Manuel Ferreiro
Catálogo Xeral, 95
Santiago, 2021
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
412 páxinas
ISBN: 978-84‐8487‐509‐3
dispoñíbel en IBD
prezo 34,95 €
EDICIÓN EBOOK
ISBN: 978-84‐8487587‐1
prezo 18,00 €