Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Malia ter sido considerado o país de Gales como terra irmá, aída hoxe é, en toda Europa, un mundo ignoto e descoñecido, do que a maioría dos galegos e galegas pouco ou nada sabemos, alén desa serie de feitos de carácter histórico, cultural e político que tanta semellanza gardan coa nosa propia realidade, con Galiza.
O Folclore galés, escrita por Trefor M. Owen, investigador do Museo do Folclore Galés, dependente do Museo Nacional de Gales é unha excelente oportunidade para coñecer os usos, costumes, festas e rituais que constituíron o eixe arredor do que se desenvolveu a vida comunitaria nun país cunha riquísima tradición cultural.
Tradución do inglés de Manuel F. Vieites.
Título: FOLCLORE GALÉS
Autor: Trefor M. Owen
Catálogo Xeral, 94
Santiago, 1997
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
231 páxinas
ISBN: 978-84-89896-06-2
ESGOTADO