Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA

Traducion de Pepe Coira e Marta Cuba.

“O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade a través do son das palabras”. Así define este particular libro de memorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingüista, profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos autores galegos: Murado, Pallarés, Sumai, Borrazás…) e protagonista dunha singular peripecia vital.

Con só tres meses de idade deixou o seu Londres natal para se instalar en Singapur, onde o pai conseguira traballo como profesor de Lingua e Literatura. As súas primeiras palabras foron en hainanés, o idioma da muller chinesa que a coidaba. E logo había entrar en contacto co malaio en Kuala Lumpur, co crioulo en Kingston, co galés na terra dos pais, co inglés e as súas infinitas variantes desde York a New Jersey, co galego e o castelán na Compostela do final do franquismo e os inicios da democracia…

A Carys cadroulle vivir, falar e escoitar en países que, coma a propia autora, estaban á procura dunha identidade. Moza falangueira procura lingua materna é o relato vital dunha muller que viviu os idiomas coma “ferramentas para intentar descifrar o mundo e para sabermos quen somos”.

Título: MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA

Autor: Carys Evans-Corrales

Catálogo Xeral, 421

Compostela, 2022

Narrativa

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

182 páxinas

ISBN: 978-84-8487-603-8

tamén dispoñíbel en IBD

prezo 16,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-604-5

prezo 8,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA
MERCARmercar MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA
ESPERTEMOS!
INTRODUCIÓN Á ECONOMÍA EN BANDA DESEÑADA. VOLUME II: MACROECONOMÍA
MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA
A IRRELIXIOSIDADE EN OCCIDENTE: A SÚA HISTORIA E VICISITUDES
O PASEO
A NACIÓN DOS MIL VIÑOS
NACIONALISMO, LIBERALISMO E OUTROS TEMAS
RETRATOS EN FITE
LÉXICO FAMILIAR
A MULLER DE LONA
MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED)
A GRANDE TRANSFORMAÇOM
A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HEIDEGGER
PANDRAMA
SOÑOS NO LIMIAR
© Edicións Laiovento, 2016-2022 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda