Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

RETRATOS EN FITE

Foi á volta do pasado verán que me veu un día ás mentes a idea dun libriño cun feixe de textos meus, nos que facía a miña moi persoal evocación de persoas coas que eu tivera trato de amizade ou camaradaxe, ou relación dalgún xeito discipular, no decurso da miña vida. Foran escritos ao longo dos anos, dende hai ben decenios, con ocasión dalgún evento que as atinxía ou solicitados para algunha publicación dedicada a calquera delas. Na miña confusa memoria, eu coidaba que non pasarían de ducia e media ou así, de xeito que darían para un libriño pequecho, unha sorte de recordatorio sentimental colectivo.

O caso é que os meus compañeiros de Laiovento -os entrañábeis e decote solidários Suso Couceiro, Afonso Ribas e Pepe Carreiro- acolleron a miña suxerencia coa xenerosidade e o entusiasmo que os identifica -fonte nutricia da abnegada enerxía altruísta coa que gobernan en ousada singladura a nosa inxel lanchiña, tan mariñeira ela, nestes adversos tempos de involución histórica. Mais posto a apañar os textos arquivados no meu ordenador, ou no da miña infalíbel Isabel antes de eu dispor de semellante chirimbolo, resultou seren perto de medio cento, e alarmoume coidar que a dimensión do libro que darían resultaría disuasoria para o público leitor, e ruinosa para a nosa pequena editorial. Deixei o proxecto hibernado durante meses, até que os meus compañeiros me convenceron de editar a presada completa deses textos, e daquela veleiquí vos van, expostos ao ‘vintimperio’. Pepe Carreiro fíxome o galano de embelecer a edición con algúns dos seus certeiros e inconfundíbeis debuxos, e así rotulei o volume como Retratos en fite, nunha chiscadela en contrapunto, e conmovida lembranza, aos deliciosos Retratos de esguello do ademirado, benquerido e endexamáis esquencido Luis Seoane -ousadía pola que espero me perdoe no alén.

Título: RETRATOS EN FITE

Autor: Xosé Manuel Beiras Torrado

Catálogo Xeral, 417

Compostela, 2022

Narrativa

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

246 páxinas

ISBN: 978-84-8487-590-1

tamén dispoñíbel en IBD

prezo 17,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-591-8

prezo 9,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler RETRATOS EN FITE
MERCARmercar RETRATOS EN FITE
ESPERTEMOS!
INTRODUCIÓN Á ECONOMÍA EN BANDA DESEÑADA. VOLUME II: MACROECONOMÍA
MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA
A IRRELIXIOSIDADE EN OCCIDENTE: A SÚA HISTORIA E VICISITUDES
O PASEO
A NACIÓN DOS MIL VIÑOS
NACIONALISMO, LIBERALISMO E OUTROS TEMAS
RETRATOS EN FITE
LÉXICO FAMILIAR
A MULLER DE LONA
MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED)
A GRANDE TRANSFORMAÇOM
A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HEIDEGGER
PANDRAMA
SOÑOS NO LIMIAR
© Edicións Laiovento, 2016-2022 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda