Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Traballo este de contextualización e achegamento ao ensaio cumio do nacionalismo galego, o Sempre en Galiza, desde unha perspectiva que combina rigor na análise con accesibilidade e didactismo na exposición. O estudio crítico e a selección de textos que propoñemos son imprescindíbeis para comprendermos o nacionalismo galego, a etapa da II República, a política do Partido Galeguista, a confección, plebiscito e promulgación do Estatuto de Autonomía de 1936, a Guerra civil, así como os aspectos máis relevantes da actuación política de Castelao.
Ademais do seu interese histórico concreto, o lector poderá encontrar porpostas de absoluta vixencia e actualidade a nivel político, sociolingüístico..., que han de ter unha especial acollida entre o estudantado universitario, o dos tramos finais de Ensino Medio e mesmo o público en xeral.
Título: CASTELAO E SEMPRE EN GALIZA
Autor: Manuel Rei Romeu
Catálogo Xeral, 70
Compostela, 1996
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
250 páxinas
ISBN: 978-84-87847-75-2
prezo 21,15 €