Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Ninguén dorme é un vómito, un ouveo. Quere falar do que doe, da cara oculta da lúa nas relacións cos outros. O sexo, o corpo como prisión, como condena. A imposible comunicación, a mentira da parella, os medos, o medo. A violencia estrutural que se exerce con saña sobre o máis débil, a muller, o inmigrante... Este é un relato alucinado, marxinal e onírico que busca retorcer os tópicos, levalos ao extremo, volvelos insoportables. Sordidez e poesía, unha visión enferma na que resoan as voces de Bataille, Kafka, Lorca, Koltés, Volodine, Jelinek, Liddell, Perec, Cunqueiro, Rosalía, Ferrín, Pimentel, Novoneyra... Detrás, o desexo de nomear o escurecido, unha voz que despeza o corpo.
Título: NINGUÉN DORME
Autor: Rexina Vega
Compostela, 2019
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
70 páxinas
ISBN: 978-84-8487-458-4
tamén dispoñíbel en IBD
prezo 14,00 €
EDICIÓN EBOOK
ISBN: 978-84-8487-459-1
prezo 7,00 €




Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro