Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Alberte Santos Ledo (A Coruña, 1965). É consultor de comunicación, xornalista e escritor. En 1996 fundou Evercom -unha das principais axencias de comunicación e marketing dixital independentes que operan en España- da que ademais é o seu CEO. A muller de lona é a súa segunda novela logo da publicación de O rebumbio dos vagalumes (2015).
Ao longo dos primeiros anos da súa vida profesional en Madrid traballou nas seccións de economía e finanzas de diferentes medios de comunicación (OTR/Press-Grupo Zeta e Colpisa-Grupo Vocento). En Galiza, ten colaborado con La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, A Nosa Terra e Sermos. Actualmente é colaborador das revistas Tempos Novos e Luzes e do Huffington Post.
O autor é membro da rede internacional de consultoras de comunicación IPRN (International Public Relations Network) con sede en Londres e profesor asociado do Executive Master in Responsible Banking do WSBI (World Saving Banks Institite).
Como consultor impulsou no ano 2021 o primeiro estudo sobre cidadanía corporativa en colaboración coa Universidade Juan Carlos I de Madrid.
2022:
A MULLER DE LONA