Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Xosé Constenla Vega (Compostela, 1980) é licenciado en Xeografía pola USC (2002) e técnico especialista en Sistemas de Información Xeográfica (2006). Foi profesor de Xeografía na UDC e investigador do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).
Publicou máis dunha ducia de traballos e artigos en distintas revistas de ámbito estatal e internacional.
Participou en numerosos traballos de investigación centrados no estudo dos procesos de urbanización das cidades galegas. Como investigador obtivo o Diploma de Estudos Avanzados pola USC en 2005 coa lectura do traballo (re)Imaxinando o universo urbano.
Na actualidade centra os seus esforzos no estudo da lóxica espacial da acumulación do capital no territorio de Galiza e nos procesos de transformación xeosocial e cultural que esa lóxica suscita na cidade.
Actualmente traballa como xeógrafo na Área de Urbanismo e Ordenación do Territorio de IDOM.
Como cantautor ten publicados dous traballos discográficos: Quen fixo berrar ao silencio (Setestrelo, 2004) e Olladas dun entusiasta (Setestrelo, 2008).