Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Bieito Alonso (Ourense, 1958) é un nome de referencia na historiografía ga-lega contemporánea. Profesor de Xeo-grafía e Historia en centros de Galiza Marrocos e Francia, a súa traxectoria in-telectual está marcada polo compromiso coa memoria histórica, o nacionalismo galego e os movementos sociais.
Ao longo de máis de tres décadas, publicou obras fundamentais como Antón Alonso Ríos: crónica dunha fidelidade; A emigración galega a América: 1860-1960; Breve historia do nacionalismo galego; O exilio de Castelao 1939-1950; O sindicalismo nacionalista galego, 1972-1982 (con Bernardo Máiz); Obrei-ros alén mar; Antón Alonso Ríos. O Si-ñor Afranio; A Nosa Terra, xornalismo e nacionalismo político; Anarquistas gale-gos en América; Estendendo a rebelión, e Inimigos ás portas: Frank López e o anarquismo global.
Recoñecido co Premio da Crítica Galicia en Investigación (2020) e co XIII Premio Manuel Murguía de Ensaio (2021), a súa obra é unha viaxe rigorosa e apaixonada pola historia silenciada de Galiza.
1994 :
ANTÓN ALONSO RÍOS

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro