Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Doutor en Filoloxía Galega pola USC e profesor no IES A Basella de Vilanova de Arousa. Membro da redacción das revistas Nova Ardentía, Aulas Libres e Revista Galega de Educación e colaborador do Heraldo de Vivero. Co-autor de varios manuais, edicións críticas e libros de texto sobre lingua galega e literatura.
Obtivo os premios ensaísticos Irmandiños (Moeche, 1996), Ramón Piñeiro (2004, con Unha irmandade alén do sangue) e Ánxel Fole en dúas ocasións (2002; 2009), en colaboración con C. Nuevo, por traballos sobre a etapa inicial de Antón Villar Ponte e sobre a pintora Maruja Mallo. Tamén lle ten dedicado estudos específicos a Lois Tobío, Manuel María, Díaz Castro, Filgueira Valverde, Carlos Casares, García Dóriga e Pla Zubiri.
Como poeta, participou en “Letras de Cal” e escribiu Devalar das esperas (Espiral Maior, 1995) e Acontece ás veces a ternura (Espiral Maior, 2005). Mantén na Rede “A ínsua do Ínsua” (ainsuadoinsua.blogspot.com).
Blog “A ínsua do Ínsua”
· ainsuadoinsua.blogspot.com