Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Martiño Santos e Xosé Gontá son sumilleres e socios de Vide, Vide! Espazo Enocultural, tenda e distribuidora especializada en viños galegos de pequenas producións e calidade diferenciada localizada en Santiago de Compostela. Forman parte da primeira promoción do I Curso Superior de Sumiller Profesional impartido polo Instituto Galego do Viño (INGAVI). Foron catadores na Cata dos Viños de Galicia da Xunta e guías enoturísticos das xornadas de portas abertas da Ruta do Viño de Valdeorras. Contan con formación no Postgrado Wine Business & Marketing da Escola Superior d'Hostaleria de Barcelona (ESHOB) e no Programa Superior en Dirección de Empresas Vitivinícolas (IGAPE e Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe). Participan de modo habitual en actividades de formación e divulgación de viños galegos (cursos de proba, probas divulgativas e comerciais…). Colaboran na actividade da Asociación Galega de Viticultura da Federación Rural Galega (AGV-FRUGA).