Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Paquita Armas Fonseca é unha xornalista cubana, especializada en temas culturais.
Ademais de publicar en varios medios de prensa do seu país, deu vida a varios libros: coautora de Embaixada de Perú, análise dunha campaña propagandística, (1983); Mouro, el gran aguafiestas, un achegamento biográfico a Carlos Marx (1991), traducido e publicado en galego por Edicións Laiovento (1996) e, como libro de texto en Cuba en 2009, con outra edición no 2016; La vida en cuadritos, polo que mereceu o premio internacional A palma real (1993); Páez, la auténtica esperanza frente al cáncer (1998); Como en botica (2005); Protagonistas de amores contrariados en dos partes (primeira 2011 e segunda 2012); Televisión? De eso si se habla (2013) e pertence ao grupo de investigadores que escribiu a enciclopedia Cuba: People, Culture, History (Gale, USA) (2011).
Recibiu números premios xornalísticos, ademais da distinción pola Cultura Nacional, a Felix Elmuza. Tamén foi galardoada co Jorge Enrique Mendoza á obra de toda a súa vida.