Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Paco Yáñez (Santiago de Compostela, 1974) desenvolve o seu traballo creativo na intersección de diversas linguaxes artísticas, nomeadamente a fotografía, a música e a literatura. Tal era o vieiro percorrido pola súa primeira novela, ...distancias... (2008), e agora pola inclasificable contra(de)cadencia.
No eido musical, e con críticas, entrevistas e ensaios publicados en oito idiomas en diversos países e medios especializados, destaca a súa colaboración co diario internacional Mundoclasico. As súas fotografías foron exhibidas e publicadas en exposicións, catálogos e revistas de arte e música, tanto en España como no estranxeiro: Sibila, CGAC, Galegos, Ricordi, etc.
Compositores americanos e europeos como Víctor Ibarra, Luis Mihovilcevic ou Pedro Larrosa compuxeron obras musicais inspiradas nas súas fotografías e textos poéticos; diálogos interdisciplinarios que subxacen a toda a súa creación.
2014:
CONTRA(DE)CADENCIA