Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Aimé Fernand David Césaire (1913-2008), poeta, dramaturgo, ensaísta, intelectual e home político francés, nace na Martinica, no municipio de Basse Pointe, bordeado pola lambida histérica do océano atlántico, no seo dunha familia numerosa moi humilde. Emigra a París nos anos trinta grazas a unha bolsa de estudos para proseguir a súa formación académica. A mediados desta década, xunto con Léopold Sédar Senghor e Léon Gontran Damas, impulsará o movemento poético da Negritude.