Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Xosé Díaz Díaz. Nado en Ferrol (1944), traballou desde os 14 anos no taller de Maquinaria, no Departamento de Proxectos, e finalmente como Economista no Departamento de Orzamentos, Planificación e Control de Custos. Encabezou a delegación da INTG nas negociacións de 1984 sobre a reestruturación do sector naval galego e español.
Autor de varias publicacións, entre elas o Informe sobre a Construción Naval (CXTG) de 1990. Deputado do BNG nas lexislaturas V e VI, foi portavoz das áreas de industria, enerxía e asuntos europeos e presidente da Comisión de Economía na V lexislatura. Publicou numerosos informes e documentos sobre políticas públicas. En 2016, Sermos Galiza S.A. editou o seu traballo As contas que nos contan. As balanzas fiscais como ideoloxía re-centralizadora.

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro