Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
William Shakespeare (Stratford-upon-Avon, 1564-1616). Fillo de John Shakespeare, fabricante de luvas, e Mary Arden. En 1582 casou con Anne Hathaway e tiveron dúas fillas e un fillo; o neno morreu aos once anos.
Non sabemos cando iniciou en Londres a súa carreira de actor e dramaturgo, pero Francis Meres, Palladia Tamis (1598), cítao como autor de doce obras, entre elas Soño dunha noite de verán, O mercador de Venecia, Ricardo III, Henrique IV e Romeo e Xulieta. Despois virían outras obres mestras como Xulio César, Ao voso gusto, Hamlet, Noite de Reis, Medida por medida, Otelo, O rei Lear, Macbeth, Antonio e Cleopatra, Conto de inverno e A tempestade.
Como poeta publicou Venus e Adonis (1593), A violación de Lucrecia (1594) e Sonetos (1609).