Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Alexandre Cendón (Vigo, 1973) medrou baixo as influencias máis contestatarias do mundo punk, radios libres e casas okupas do Vigo dos 80 e 90.
Logo de se formar en Filosofía na USC regresou ás raíces paternas en Covelo para asentarse no territorio como abelleiro, fundando, con outros socios, Abella Lupa (apicultura ecolóxica).
Foi insubmiso ao exército, membro fundador da Asemblea do Suído, coordinador da Federación Ecoloxista Galega e, en consonancia con este compromiso coa Terra, é presidente do monte veciñal de Santiago de Covelo (ICCA) dende 2004.
A acción directa, a loita continuada e o traballo incesante en defensa da natureza non impediron que continuase o seu labor de pensador, formando parte da Aula Castelao dende 2008, entidade organizadora da Semana Galega de Filosofía, onde, a día de hoxe, ocupa o cargo de presidente e tamén, a ser Doutor en Filosofía, acadando o premio extraordinario de doutoramento.
Na actualidade exerce de profesor nun instituto.

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro