Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Xavier Vence Deza é catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Coordinador do Grupo ICEDE e do Máster Desenvolvemento Económico e Innovación, é membro da directiva de EPIP, AECR e a SEM.
Ao longo da súa traxectoria profesional dirixiu varios proxectos de investigación europeos, estatais e galegos sobre temas de Economía e Políticas de innovación, Crecemento, Desigualdade, Globalización e Neoliberalismo. Membro do Consello de Redacción d’A Trabe de Ouro e do Consello científico da Revista Galega de Economía e de Principios, é colaborador habitual da revista Tempos Novos e outros medios (RG, Xornal etc).
Alén dos artículos en revistas científicas, destacan os seus libros Capitalismo e desemprego en Galicia, Economía de la Innovación y del cambio tecnológico, Wealth from diversity, Industria e Innovación, Política tecnológica comunitaria y cohesión regional, Unión Europea y Crisis del Estado de Bienestar, O fracaso neoliberal en Galiza, Salarios e custo da vida e Crecimiento y políticas de innovación.