Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Cilha Lourenço Módia (A Coruña, 1974) é doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade da Coruña e ampliou estudos en diversos centros universitarios portugueses e brasileiros.
Autora dos libros Teatro Circo. Tres textos (2010), Gramática Práctica da Lingua Galega (2010) –con X. López Viñas e M. Leirado−, O ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudio e Antoloxía (2002) e Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego (1990-1999) (2000) –os dous últimos en colaboración con C. Biscaínho–, exerceu a docencia na Universidade de Estremadura e desde 2007 é profesora interina na Universidade da Coruña.
Como actriz, traballou no Teatro do Alvardán, no Clube de Teatro Elsinor e na Compañía Teatral Casahamlet, en cuxo estudio foi profesora.