Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Francisco Salinas Portugal, nace en 1955 en Bande, na Limia Baixa. Estuda Filoloxía en Compostela onde se doutora cunha tese sobre o escritor angolano Pepetela. Profesor Titular de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña, e especializado nas literaturas africanas de expresión portuguesa, é autor, entre outras, de obras como A Máscara do Sagrado. Uma Leitura Mitocrítica do Mayombe (2001) ou a edición d’A Revolta da Casa dos Ídolos (2009).
En Laiovento publicou Luís de Camões: Doce Canto em Terra Alheia? (1994, con Manuel Ferreiro e Carlos P. Martínez Pereiro); Rosto Negro: O contexto das literaturas africanas (1994); O texto nas margens. Ensaios de literatura en línguas portuguesas (1997); Entre Próspero e Caliban: Literaturas Africanas de Língua Portuguesa (1999).
Como poeta, é autor de dous libros: Os habitantes da culpa (1988) e Boca de cobra (2012).

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro