Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Nacido en París en 1622 nunha rica familia burguesa, Jean-Baptiste Poquelin estuda Dereito e exerce de avogado. De súpeto, aos 21 anos abandona una vida cómoda para se adicar ao Teatro. Funda con Madeleine Béjart a compañía L’Ilustre Théâtre mais as débedas lévano á prisión. Percorre logo, durante 12 anos, o sur de Francia: el escribe farsas, que dirixe e representa co grupo.
De volta a París acada o favor da Corte e comeza o seu triunfo na escena ao tempo que os problemas persoais e os ataques implacábeis dos sectores máis reaccionarios... Tartufo, O misántropo, Don Xoán, O médico malia el, O avarento ou O burgués Fidalgo son fitos dunha extensa obra que fai de Molière un clásico universal.
En 1673, na cuarta representación de O enfermo imaxinario que teimara en manter para dar de comer á compañía, Molière –enfermo real e grave dende hai tempo– morre tras disimular no escenario os mortais accesos de tose e dar cabo á representación.
2018:
O TARTUFO
2007 :
O BURGUÉS FIDALGO