Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Johann Wolfgang Goethe naceu en Francfort o ano 1749, no seo dunha familia de artesáns procedentes de Turingia. Autor dunha vasta obra poética, narrativa, dramática, científica e filosófica, cursou estudos de Dereito nas Universidades de Leipzig e Estrasburgo e desempeñou diversos cargos ao servizo do Estado. Paralelamente, e ademais da mencionada actividade literaria –incluído o seu labor como director teatral– publicou traballos sobre física, botánica, zooloxía e pintura, arte esta que cultivou ao longo de toda a súa existencia.
Goethe, que é autor de obras tan paradigmáticas como Egmont, Werther e Fausto, morreu en Weimar o día 22 de marzo de 1832.
2021:
FAUSTO (2ª Ed.)