Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA

Nese longo período ditatorial (1936-1976, corenta anos) o franquismo variou as formas de exercer o control xurídico-penal sobre a poboación e na represión do antifranquismo activo. Entre outros cambios de aparencia era imprescindible modificar/adaptar o aparato lexislativo, nomeadamente o aplicado por tribunais militares con leis militares a persoas civís, xulgadas por actividades que nos países democráticos eran a base do exercicio dos dereitos cívicos: liberdades de reunión, asociación, expresión, de loita contra a opresión.

Neste ensaio, despois dunhas moi apreciables reflexións historiográficas e dunha obxectiva análise das forzas antifranquistas actuantes en Galiza, o autor, nunha intelixente secuencia, vai dando conta da xénese, evolución, os porqué e quen foron xulgadas/os, polo TOP. Con técnicas cuantitativas relaciona e compara lugares, xénero, profesións, idades, afiliación, sentenzas, penas, absolucións..., extraendo minuciosamente dados de 484 procedementos xudiciais, dos que no capitulo 4º analiza sete casos representativos. O seu coñecemento dos sistemas arquivísticos permítelle presentar e esmigallar con pericia na base de dados TOPDAT a nómina de galeg@s que ese tribunal xulgou, completando o estudo cos nomes e posteriores cargos públicos nos máis altos niveis xudiciais “democráticos” dos maxistrados que exerceran con total aplicación no terrible TOP franquista, rematando cunha moi coidada (e verdadeiramente consultada) relación bibliográfica, hemerográfica e doutras fontes.

Bernardo Máiz Vázquez

Titulo: ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
Galegos perante o Tribunal de Orde Pública (TOPGAL, 1964-1976)

Autor: Francisco Xavier Redondo Abal

Catálogo Xeral, 348

Compostela, 2017

236 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-369-3

COMEZAR A LER
DÍAZ DE CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"