Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO

Edicións Laiovento comprácese en pór a disposición da cidadanía galega e do público en xeral unha monografía centrada en Eduardo Pondal e a súa obra, nun ano en que se celebra o centenario da morte do autor do Himno Galego.

O volume reúne, ampliados e/ou actualizados, catro estudos elaborados sobre Eduardo Pondal e a súa obra ao longo dos últimos 25 anos (1991, 2003, 2008 e 2014, sucesivamente). Estas páxinas de investigación, estudo e refl exión son acompañadas por apéndices que recollen unha selección de cartas escritas ou recibidas polo Bardo bergantiñán e mais a entrevista-reportaxe xornalística de 1912 realizada ao poeta por La Voz de Galicia.

«Temo non existir na memoria dos homes para quen os meus tempos serán os tempos antigos», dixo o poeta nunha determinada altura da súa vida. Que o centenario da morte de Eduardo Pondal sirva para re-ler, re-pensar e re-interpretar a súa mensaxe, facéndoa presente na Galiza de hoxe e do futuro.

Título: EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO

Autor: Manuel Ferreiro

Catálogo Xeral, 345

Compostela, 2017

Ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

258 páxinas

ISBN: 978-84-8487-347-1

prezo 19,90 €

COMEZAR A LER
MERCAR
PERMANENCIA
MOCIÑAS (2ª ED)
A VERDE PEL DE GAIA
RECTIFICAR A HISTORIA
O SPLEEN DE PARÍS
A REVOLUCIÓN EN MARCHA
OS SANTOS DAS NACIÓNS
UNA MONARQUÍA CORRUPTA Y HEREDERA DEL FRANQUISMO
CATAS NA MEMORIA
PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda