Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS

Nas páxinas deste libro poderedes atopar pequenas rebelións, loitas de artistas, militancias extremas, personaxes reais que semellan inventados, autoras atascadas, amores posibles e imposibles, divertidas distopías, citas a cegas, retallos da América profunda, o cine e as súas actrices, soidade, enfermidade, morte, vellez, violencia, amor...

Microefectos dramatúrxicos non é máis que unha ollada diferente ao mundo. O noso día a día, as nosas preocupacións, ilusións, esperanzas, farturas e sensacións transformadas en teatro. Un teatro próximo, sincero, atrevido, polémico; un refl exo de como vemos a nosa sociedade, un retrato do que nos rodea, ás veces divertido, ás veces amargo, como a vida mesma. Pequenas pílulas dramáticas que refl icten o noso sentir a través dunha morea de personaxes e situacións.

Con esta escolma dos nosos textos pretendemos emocionarvos e divertirvos. Esa foi dende o principio a nosa intención e esperamos non defraudarvos.


Microefectos Dramatúrxicos nace como proxecto teatral no ano 2013 a partir do obradoiro de dramaturxia impartido por Rubén Ruibal dentro das accións formativas Buxiganga 2013. Con este xermolo o grupo constitúese como colectivo teatral de creación e posta en escena de pezas de teatro de duración breve residente na Sala Velvet, pasando posteriormente ao Club Clavicémbalo da cidade de Lugo. Ao longo destes anos o proxecto creceu da man das dez actrices e actores, dramaturgos e dramaturgas que formaron o colectivo dende o comezo. Como se dunha cooperativa teatral se tratase, o grupo encárgase de todo o proceso creativo dende a escrita até a posta en escena. Este proceso de escrita, montaxe e posta en escena que foi mensual durante dous anos e medio, en 2016 pasou a ser trimestral.

Microefectos dramatúrxicos son: Anxo Manoel, Brian Rodríguez, Conchi Madrina, Elvira Velasco, Germán Frasio, Isa Herrero, María Grandío, Pepe Saavedra e Rubén Pérez.

Son autoras e autores de máis de cen textos teatrais curtos ou, como eles prefi ren chamalos, «Microefectos». Tamén teñen no seu haber unha peza de longa duración, Que vai ser de nós?, estreada en 2014 por eles mesmos.

A día de hoxe seguen producindo novos textos e levándoos a escena e diversos premios e accésits contemplan algunhas das súas obras.

Titulo: MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS

Autores:

Catálogo Xeral, 340

Compostela, 2017

teatro

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

174 páxinas

ISBN: 978-84-8487-349-5

prezo 15,65 €

COMEZAR A LER
MERCAR

mercar en IMOSVER

tamén dispoñíbel noutras
plataformas da rede

PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
SOCIALISMO EN EUROPA 2020
O ATRASO ECONÓMICO DA GALIZA (4ª ed.)
A MÁQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
ALBORADA DE EDIPO
MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO
O BOSQUE SEM SAÍDA
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso