Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

O TEATRO CIRCO NA CONFIGURACIÓN DO TEATRO INDEPENDENTE GALEGO (1967-1978)

O Teatro Circo -o primeiro grupo galego de Teatro Independente- desenvolveu a súa actividade entre 1967 e 1978. Neses once anos de existencia, o colectivo coruñés desempeñou innúmeras tarefas en diversos ámbitos relacionados co noso teatro, converténdose nun instrumento decisivo na restauración da dramaturxia galega durante o Franquismo e na súa posterior evolución.

Así, esta agrupación non só virou un referente nos palcos, mais tamén se ocupou de aspectos como a formación integral dos seus membros á volta do feito teatral e o enriquecemento da literatura dramática galega -encenando textos de autores novos, reactivando pezas dos clásicos ou dando a coñecer no noso idioma obras fundamentais da dramaturxia clásica e contemporánea-. Alén diso, atendeu á pesquisa arredor das correntes teatrais máis destacadas do século XX e interesouse, aínda, pola divulgación da historia do teatro galego a través de diversas publicacións na imprensa e nas revistas especializadas.

Por outra parte, o Teatro Circo estivo presente, ben como organizador ben como participante, nos principais encontros teatrais que se celebran na altura en Galiza e no Estado español; promoveu diversas plataformas asociativas no país; serviu como escola -cubrindo, aliás, un vacío institucional- a moitos actores que formarían parte posteriormente do teatro profesional; e mantivo unha fluente comunicación cun elevado número de colectivos teatrais galegos e peninsulares.

Título: O TEATRO CIRCO NA CONFIGURACIÓN DO TEATRO INDEPENDENTE GALEGO (1967-1978)

Autor: Cilha Lourenço Módia

Catálogo Xeral, 305

Santiago, 2013

Ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

350 páxinas

ISBN: 978-84-8487-233-7

prezo 25,00 €

MERCAR
DE BENPOSTA A LAMABOA
FAUSTO (2ª Ed.)
OS IRMÁNS DE AMÉRICA
A FIGURACIÓN GALEGA DE IRLANDA (1840-1936)
O PORTUGUÉS ESQUECIDO
DESCENTRALIZACIÓN FISCAL E DESENVOLVEMENTO
A VIAXE XEOMÉTRICA DE DOMINGO FONTÁN
AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA
DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA. AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAS AOS CATIVOS.
PERMANENCIA
MOCIÑAS (2ª ED)
A VERDE PEL DE GAIA
RECTIFICAR A HISTORIA
O SPLEEN DE PARÍS
A REVOLUCIÓN EN MARCHA
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda