Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

NACIONALISMO E IMPERIALISMO

“Unha nación ceibe é aquela que posúe o absoluto control sobor dos seus própríos recursos e poderes internos, e que non sofre restrición algunha na súa interrelación con tódalas as outras nacións en semellantes circunstancias salvo as restricións establecidas pola natureza. É iste o caso de Irlanda?. Se estivera en vigor o Home Rule Bill, sería iste o caso de Irlanda? Para ámbalas dúas preguntas a resposta é: non; máis enfáticamente. ¡NON!”.

O texto que antecede forma parte dun artigo publicado por James Connolly no Worker’s Republic o 12 de febreiro do 1916. O 24 de abril dése mesmo ano sublévase Irlanda –en singular, Dublín– e proclámase a República. Connolly é vicepresidente do Goberno Provisorio. Na loita que se entaboa coas tropas inglesas, cai ferido e, a seguida, preso. Coa ferida engangrenada, os militares ingleses condúceno nunhas angarellas ante o pelotón de fusilamento. Era o día 12 de maio. Nas xornadas precedentes correrá a mesma sorte toda a élite dirixente do nacionalismo radical irlandés e da sublevación popular, na que caíran 1.351 compatriotas seus.

James Connolly, nado en Edinburgh de pais irlandeses emigrados, Cristian e marxista, pacifista enfrentado aos socialistas que caíran na trapela da confrontación bélica do catorce, nacionalista “radical”, tiña daquela córenta e sete anos. Non cumpliría en vida ningún máis. Fusílano: unha maneira como calquera outra de retirarlle a voz e o voto. Ao sumo, unha maneira máis traumática ca outras. Menos humillante, en troques. Hoxe, á vista dos antecedentes, alguén diría tal vez: gañouno a pulso. Alguén: se cadra, ese mesmo alguén que hoxe cualifica de arrogante –ou mesmo provocadora– ou de antiga farsa, a actitude duns nacionalistas galegos que se negan a que lles retiren a voz e o voto por vía regramentaria, incustionábelmente incruenta, dende logo.

Xosé Manuel Beiras en Por unha Galicia liberada, 1984.

(Tradución do inglés e notas de Abel López)

Titulo: NACIONALISMO E IMPERIALISMO

Autores:

Catálogo Xeral, 29

Compostela, 1993

118 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-87847-28-5

COMEZAR A LER
O CABALEIRO DA ROSA
OS MONOS DE LAXEIRO
O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
XAN DO ARRABALDO
BOLA DE SEBO E OUTROS CONTOS
CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE
AS POLÍTICAS MUNICIPAIS DE XÉNERO EN ESPAÑA
A LOLA
O TARTUFO
IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. LECTURAS DE PINTURA GALEGA
NACIONALISMO E IMPERIALISMO
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"