Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

O LABIRINTO DA SAUDADE

O labirinto da saudade traza un movimento feliz entre a vivencia, a experiencia directa e a súa elaboración intelectual, á luz da longa tradición de estudos sobre a saudade. Neste ensaio, á par fondo e leve, son conxugados e procurados con harmonía e en equilibrio a creación e o saber, até achegar unha perspectiva diferente e orixinal, que recolle os contributos doutros pensadores, beneficiándose da súa riqueza.

A partir da experiencia psicolóxica persoal da morriña e a saudade, ligada a lugares (unha ría, unhas praias), tempos (o verán, as vacacións) e épocas (a infancia, a adolescencia e xuventude), o autor fai un percurso, reflexionando, lembrando, interpretando, por algúns dos moitos vieiros que as culturas galega e portuguesa foron abrindo ao redor da saudade: a filosofía (Ramón Piñeiro, Teixeira de Pascoaes e António Sérgio, Carolina Michaëlis, Andrés Torres Queiruga, Paulo Borges), a pintura (Henrique Pousão, António Carneiro... Silva Porto), a escultura (Soares dos Reis), a poesía (Pondal... Carvalho Calero, Avilés de Taramancos). Deambulando entre Galiza (O Pedrido, Ponteceso, A Coruña, Corme... Miño) e Portugal (Caminha, Luso, Amarante, Lisboa, O Alentexo... Porto), paso a paso, de autor en autor e de obra en obra, vai perfilándose, elaborándose e propóndose unha nova concepción filosófica da saudade que fai énfase nas dimensións comunicativa e colectiva, así como no aspecto activo e no contexto solidario.

Titulo: O LABIRINTO DA SAUDADE

Autor: Luís G. Soto

Catálogo Xeral, 301

Santiago, 2012

144 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-230-6

O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso