Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

ROBERTO VIDAL BOLAÑO E O XOGO DO TEATRO

A dramaturxia crea o manual de instrucións para o xogo do teatro. A dramaturxia compón as regras básicas do xogo. E nós, neste libro, imos xogar coas intrucións e as regras da dramaturxia de Roberto Vidal Bolaño. Un dos pioneiros do teatro profesional galego. Un teatreiro cunha obra en que destaca a fondura ideolóxica e humanista e en que, por riba de todo, destaca unha dimensión lúdica desprexuizada que é, en si mesma e ao longo de toda a súa produción, un canto á liberdade e á vida.

Cómpre advertir que este libro non é apto para mentes puritanas ou que garden escrupulosamente o decoro do politicamente correcto. Vidal Bolaño emprega nas súas pezas unha linguaxe desenfadada, atrevida e libre de tabús, na que “nada do humano lle é alleo”, como dicía Santo Agostiño. Nas súa obra entra, abaneado pola peneira artística, o escatolóxico, o irreverente, o herético, o sacrílego, o inconfesable... todo aquilo que lle serve para fornecer revelación e rebeldía no xogo do teatro. Todo aquilo que nos pon en cuestión e alimenta unha mirada emancipada e crítica.

Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro é un libro especialmente indicado para as profesoras e profesores de Bacharelato, Artes Escénicas, animadoras/es socioculturais e, sobre todo, para a xente nova e para aquelas persoas que decidisen non deixar de crecer nunca.

Titulo: ROBERTO VIDAL BOLAÑO E O XOGO DO TEATRO

Autor: Afonso Becerra de Becerreá

Catálogo Xeral, 300

Santiago, 2012

192 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-229-0

CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso