Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

TRES LOGOMONOS

COLGADOS

“Non che digo que o seu era o de colgarse? “A las cinco de la tarde subía con toda la muerte a cuestas”... ao faiado. Á hora dos touros! Aquilino era forte como un boi. Mentres a xente de idade durmía a sesta, el colgábase un tempiño, até que quedaba a gusto e conseguía botar fóra ese aquel que un leva nas entrañas, que che proe por dentro como un bicho, xa saben a que me refiro. Porque para colgarse ten que darche un chisgarabís ou un rauto como vulgarmente se di...”

PISADOS

“Pois o zapato dixo claramente, “chan, chan”... E logo que pensan que había dicir un zapato posto a falar en galego se non é “chan, chan”? Non vai dicir “suelo, suelo”... Que “suelo”?, “suelo pisar mierda cuando miro para el cielo”? É moito máis dificil... Ademais, se o primeiro que ve un zapato cando esperta é o chan para que vai dicir “suelo”, é antinatural, por moito decreto que lle obrigue a falar así a un zapato. Hai que poñer os pés no chan. É de sentidiño común...”

SNAKIZADOS

“Que vou na na, nara na, nana, nará, naná... nacer dunha puuuu, que vou nacer dunha puu...nta tacón... Grooou! Auuuú! Auauarrr! Xoooó!... Non podo, non podo comigo mesmo, ai aiai!... Silencio! Todos ao cha cha chan... Bailas? Agora non é o momento, non ves que estou nacendo?... Afasta de min este... Gragh, gragh! Ca ca cala corvo... Nevermore...Vou vou na nanai, nanai do dengue dengue, na nacer dunha puu, puag!... Ao gran!... Vou ir ao gran dunha puuu, dunha puuuuu ta, ta, ta, tatatatatá!... Tatatatatá! Seica el soíño matou cento vinte e dous..."

Titulo: TRES LOGOMONOS
Colgados, Pisados, Snakizados

Autor: Gustavo Pernas Cora

Catálogo Xeral, 290

Santiago, 2011

158 páxinas

teatro

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-217-7

O ARTE E SUA HISTORIA
CANTAR NA CORUÑA
DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"