Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

CARTAS PERSAS

A publicación das Cartas persas, en 1721, en Amsterdam, de forma anónima, confírelle ao autor unha celebridade instantánea que lle abre as portas dos principais salóns literarios da capital e, posteriormente, a súa admisión na Académie Française.

As Cartas persas son a obra dun moralista, unha novela epistolar en que a mirada exótica de dous persas que viaxan por Francia, Usbek e Rica, lle serve de pretexto ao autor para describir, criticar e opinar sobre a sociedade do seu tempo e nelas atopamos unha divertida sátira dos costumes da época. A súa orixinalidade radica, en gran parte, en que ao longo da obra aparece unha novela, cunha intriga que ten un desenlace sorprendente e que mantén esperta a atención do lector.

Neste libro reflíctense os principais trazos do pensamento de Montesquieu: tolerancia relixiosa, crítica dos réximes opresores, aspiración á liberdade e á felicidade e amor pola verdade e a razón.

Titulo: CARTAS PERSAS

Autor: Montesquieu

Catálogo Xeral, 283

Santiago, 2011

266 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-213-9

XAN DO ARRABALDO
BOLA DE SEBO E OUTROS CONTOS
CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE
AS POLÍTICAS MUNICIPAIS DE XÉNERO EN ESPAÑA
A LOLA
O TARTUFO
IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. LECTURAS DE PINTURA GALEGA
NACIONALISMO E IMPERIALISMO
O ARTE E SUA HISTORIA
CANTAR NA CORUÑA
DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"