Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

A HISTORIA SECUESTRADA POLO FRANQUISMO

Este é un libro para recuperar a historia secuestrada polo franquismo, mais tamén un libro para a acción, para cambiar as cousas.

Aquí non houbo Guerra Civil, senón un auténtico xenocidio. Como sinala o xuíz Garzón, “un plan sistemático e preconcibido de eliminación de opoñentes políticos a través de múltiples mortes, torturas, exilio e desaparicións forzadas de persoas”, con máis de 5.000 asasinados polo fascismo en toda Galiza e máis de 600 na comarca da Coruña. Aquí houbo campos de concentración, os franquistas roubaron miles de nenas e nenos ás súas familias sen que o Goberno se implique na súa recuperación, aínda quedan máis de cen mil persoas nas fosas de todo o Estado... Non podemos esquecer!

A chamada Transición, moi valorada polo paso pacífico dunha ditadura á democracia, tivo aspectos moi negativos, como o pacto de silencio dos principais partidos para deixar de lado o tema das vítimas do franquismo e a conversión, na práctica, da Lei de Amnistía nunha impunidade dos crimes do franquismo.

Este libro é un acto de xustiza con todas as persoas que deron a súa vida ou sufriron a represión franquista e que foron xermolos de paz e liberdade.

Titulo: A HISTORIA SECUESTRADA POLO FRANQUISMO

Autor: Manuel Monge González

Catálogo Xeral, 266

Santiago, 2010

246 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-192-7

O ARTE E SUA HISTORIA
CANTAR NA CORUÑA
DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"