Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

LINGUA E FUTURO

Este volume recolle dez artigos ligados entre si polo obxectivo central de ofrecer alternativas actuais á situación da lingua galega na actualidade.

Mergullándose na complexidade da situación sociolingüística actual, as autoras e os autores dos textos que se inclúen nesta obra colectiva achegan as súas interpretacións reparando nos matices e fuxindo de descricións monolíticas e simplistas. O público lector achará, pois, nestas contribucións discursos heteroxéneos que conflúen na necesidade tanto de preservar o galego como lingua propia e principal deste país como de denunciar o asasinato das linguas como máis unha ferramenta de opresión e de dominación.

Nesta liña, as páxinas deste volume pretenden coadxuvar a reverter a situación actual da lingua galega e obrigarnos a reflexionar criticamente sobre os camiños que debemos tripar. A perspectiva adoptada é fundamentalmente sincrónica, na procura de dar solucións e alternativas pensando e situándose no aquí e no agora desta conxuntura particular. Con todo, sendo a defensa do galego o centro da obra, a ollada que se deita ten como protagonista principal a diversidade lingüística e o convencemento de preservarmos, a través do seu mantemento, as diferentes maneiras de ver o mundo que constitúen unha riqueza substancial para a Terra e para os seres que a habitamos.

Titulo: LINGUA E FUTURO

Autores:

Catálogo Xeral, 260

Santiago, 2010

276 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-181-9

CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso