Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

analíticas (Google Analytics)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 602 428 382 · info@laiovento.gal
pesquisar
síguenos en Mastodonsíguenos en BlueSkysíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

MIGUEL GONZALEZ GARCES, MINEIRO DE LUZ

Miguel González Garcés, mineiro de luz é un exhaustivo estudo sobre a vida e a obra de Miguel González Garcés (A Coruña, 1918-1989), desde un enfoque amplo, incluíndo a persoa –cunha aproximación aos feitos puntuais da súa biografía– e o personaxe, analizando o seu labor social e literario e recollendo o corpus crítico que sobre a obra de Garcés se ten escrito. Situando, en suma, o noso autor nas coordenadas históricas que marcaron a súa vida e que explican a súa traxectoria, ofrecendo unha imaxe plural e complexa, desde distintos ángulos e perspectivas, así resulten contraditorias.

Sempre desde o pensar e o sentir dun escritor: non estamos ante unha tese nin ante un traballo académico. Si ante un libro que prima a reflexión, a claridade expositiva e a perfección estilística sobre pautas formais ou rigores ecdóticos. O único propósito que nos move é afondar na obra dun poeta que consideramos dos máis relevantes no contexto da lírica galega da segunda metade do século pasado.

Título: MIGUEL GONZALEZ GARCES, MINEIRO DE LUZ
O home. O autor. A obra

Autor: Xulio López Valcárcel

catálogo xeral, 254

Santiago, 2009

ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

356 páxinas

ISBN: 978-84-8487-174-3

prezo 24,00 €

MERCARmercar MIGUEL GONZALEZ GARCES, MINEIRO DE LUZ
MIGUEL GONZALEZ GARCES, MINEIRO DE LUZ - Capa do libro
ET IN GALLAECIA EGO
Sobre Vilanova de Alba
REFERENTIAS
CARTOGRAFÍA IDEOLÓXICA DE XOSÉ LOIS GARCÍA
NOVO DIÁLOGO
AS GUERRAS. ENTRE A RETÓRICA E A VIOLENCIA
CONECTA CO ÍNTIMO
FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA
NAZISMO E CLASE OBREIRA (1933 - 1993)
O QUE ESTOU A DICIR CANDO DIGO «ALTRI NON»
LEVITACIÓN, NIVEL INICIACIÓN
GOLPISTAS E REPRESORES
CANÍCULA
DOMINGO E OUTRAS HISTORIAS
G
© Edicións Laiovento, 2016-2025 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda

Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro

Financiado por la Unión Europea Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia